Seleccionar página

Esta visto que a operación Biquini non chegou o Chapter Coruña nin se a espera, pois vamos de enchenta en enchenta. É desta volta toca a XIX FESTA DO LACÓN CON GRELOS DO MESÓN DO VENTO. Que se pode decir diste prato tan afamado que xunto co marisco veñen sendo un sino indentificativo da nosa terriña. O lacón, hai o laconciño, esa patiña dianteira do noso porquiño celta, que despois do paso pola matanza e a Cuaresma chega a nas condicións óptimas a Carnestolenda para sere degustado en compaña dos nosos grelos. Os grelos, hai os greliños, ises brotiños ternos dos nabos, que temos que nos acostumbrare a os diferenciar das nabizas que estas son as follas tenras dos nabos cando son moi noviños. Pois eso iba cos greliños, que me desvío do conto enseguida, que das máis de catrocentas clases de nabos, para os greliños os mellores veñen sendo os das variedades de Lugo que son un pouco máis ácidos ou os de Santiago máis doces. Pois agora imaxinade o laconciño o carón dos greliños sendo vixiados por uns chouriciños e unhas pataquiñas de Coristanco, pois iso e o que se pode encontrar o domingo día 12 no Mesón do Vento. Xantarase no Restaurante Avelino que está o Carón da carpa da Feira. Estase en negociacións de dous menús, con un coste de 20-25€ según teña incluido lacón ou non. No momento que estás negociacions dean o seo froito poñeranse en coñecemento . Para facer ganas de xantar faremos antes unha pequena ruta. Así que os que vos queirades acercar xa podedes irvos apuntando, contando que o prazo remata o mércores día 8 o mediodía. E coma sempre mentras tanto un saudo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies