Seleccionar página

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

XLVI FIESTA DEL SALMON 2020

17 mayo

A Festa do Salmón da Estrada, que se celebra o terceiro domingo de maio, é na actualidade unha das citas gastronómicas máis relevantes desta comunidade autónoma. Dende a celebración da primeira edición o día 2 de xuño de 1974, a Festa do Salmón tense consolidado como un dos principais atractivos turísticos do Concello da Estrada, xunto coa Rapa das Bestas, o Entroido da Ulla ou o Pazo de Oca.

Durante as catro décadas de historia que atesoura, o prestixio desta celebración foi medrando arredor de tres piares: o vencellamento coa natureza, ao potenciar o Concurso Internacional de Pesca do Salmón para pór en valor a riqueza dos coutos salmoneiros do río Ulla ao seu paso pola Estrada (Sinde, Couso, Pontevea, Santeles e Ximonde); a conexión co mundo da cultura, a través das actividades programadas tanto polo concello como polo Centro de Iniciativas e Turismo (CIT); e, en terceiro lugar, o atractivo gastronómico, posto que unha ducia de restaurantes estradenses ofrecen preto de 2.000 prazas para degustar ao denominado «rei do río» preparado seguindo deceas de receitas -tradicionais ou innovadoras-.

Co paso do tempo, a Festa do Salmón foise enriquecendo coa incorporación de diferentes actividades que a día de hoxe convértena nun evento imprescindible no calendario lúdico de Galicia: o Concurso Internacional de Pesca do Salmón, a degustación popular de salmón, as degustacións de tapas de salmón ou as rutas cicloturísticas en bicicleta de montaña, entre outras.

Detalles

Fecha:
17 mayo
Web:
http://festadosalmon.com/

Local

a estrada
A Estrada, Pontevedra + Google Map

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies